Akonadi and AddressBook/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Importing a new version from external source)
(Updating to match new version of source page)
 
(11 intermediate revisions by 2 users not shown)
Line 1: Line 1:
<languages />
<languages />
{{Note|This article also apply to other applications that are using [[Special:myLanguage/Akonadi|Akonadi]] for example KMail and KOrganizer.}}


''Esta información foi fornecida por Tobias Koenig, desenvolvedor de '''KDE-PIM'''.''
''Esta información foi fornecida por Tobias Koenig, desenvolvedor de '''KDE-PIM'''.''
Line 25: Line 27:


A icona de '''Akonadi''' na bandexa do sistema conta cunha función para realizar e restaurar copias de seguridade. Dita función restaura a copia de seguridade dos “datos na ''caché''”, que poderían non ser todos os seus datos! Pode resultar útil se quere clonar un sistema 1:1, entón pode copiar os datos na ''caché'' xunto cos reais e a configuración, de xeito que non teña que cargar os datos de novo dende a fonte (coma o servidor de ''software'' de colaboración).
A icona de '''Akonadi''' na bandexa do sistema conta cunha función para realizar e restaurar copias de seguridade. Dita función restaura a copia de seguridade dos “datos na ''caché''”, que poderían non ser todos os seus datos! Pode resultar útil se quere clonar un sistema 1:1, entón pode copiar os datos na ''caché'' xunto cos reais e a configuración, de xeito que non teña que cargar os datos de novo dende a fonte (coma o servidor de ''software'' de colaboración).
 
<span id="Examining your Resources"></span>
==Examinar os recursos==
==Examinar os recursos==


'''[[Special:myLanguage/KRunner|KRunner]]''' conta cunha '''configuración de recursos de Akonadi''', á que se pode acceder dende <menuchoice>Akonadi na bandexa do sistema -> Configurar</menuchoice>. Pode que atope varios recursos configurados. E pode que un estea etiquetado coma:
'''[[Special:myLanguage/KRunner|KRunner]]''' conta cunha '''configuración de recursos de Akonadi''', á que se pode acceder dende <menuchoice>Akonadi na bandexa do sistema -> Configurar</menuchoice>. Na versión 4.6 da colección de software de KDE, poderá acceder a ela dende <menuchoice>Configuración do sistema -> Información persoal</menuchoice>. Pode que atope varios recursos configurados. E pode que un estea etiquetado coma:


''Caderno de enderezos'' - Aínda non se configurou ningún complemento de caderno de enderezos de KDE.
''Caderno de enderezos'' - Aínda non se configurou ningún complemento de caderno de enderezos de KDE.
Line 44: Line 46:


<!--T:17-->
<!--T:17-->
Teña en conta que podería dicir «Desconectado» cando de feito o estea a usar. Trátase dun erro ao amosar o estado, e pode ignorarse.
Teña en conta que podería dicir «Desconectado» cando de feito o estea a usar. Trátase dun erro ao amosar o estado, e pode ignoralo.


==E cando '''Akonadi''' o utilicen máis compoñentes?==
==E cando '''Akonadi''' o utilicen máis compoñentes?==
Line 50: Line 52:
Cando o resto dos compoñentes se muden a '''Akonadi''', van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.
Cando o resto dos compoñentes se muden a '''Akonadi''', van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.


==Troubleshooting==
==Solución de problemas==


''Problem'': You update to 4.6 and your addressbook is suddenly completely blank
''Problema'': ao actualizar á versión 4.6 o caderno de enderezos baleirouse completamente.


''Solution'':  This is new behaviour in 4.6 - you can choose whether to display specific addressbooks or all of them. In front of each addressbook name there is a checkbox. Use that to enable the addressbooks you want to use.
''Solución'':  trátase do novo comportamento da versión 4.6. Pode escoller entre amosar uns cadernos de enderezos específicos ou todos eles. Diante de cada caderno de enderezos hai unha caixa para marcar. Márquea nos cadernos de enderezos que queira empregar.


== Páxinas relacionadas ==
== Véxase tamén ==


:[[Special:myLanguage/Akonadi|Akonadi]]<br />
:[[Special:myLanguage/Akonadi|Akonadi]]<br />
:[[Special:myLanguage/Akonadi_4.4/Troubleshooting|Solucionar problemas con Akonadi]]<br />
:[[Special:myLanguage/KAddressBook/index|KAddressBook]]
: [[Special:myLanguage/KAddressBook|Caderno de enderezos]]


[[Category:Sistema/gl]]
[[Category:Sistema/gl]]

Latest revision as of 11:00, 19 January 2019

Note
This article also apply to other applications that are using Akonadi for example KMail and KOrganizer.


Esta información foi fornecida por Tobias Koenig, desenvolvedor de KDE-PIM.

Conceptos previos

Ao falar de datos reais estarase facendo referencia aos datos, coma contactos e eventos. Estes datos almacénanse ben nun servidor de software de colaboración ben en ficheiros locais. O lugar dependerá do recurso. Por exemplo, o recurso de contactos persoais almacena os datos en «$HOME/.local/share/contacts», mentres que o recurso de ficheiros Vcard (que en realidade non se recomenda usalo ) almacena os seus datos en «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf».

Os datos na caché son copias dos datos reais que se gardan na base de datos para acceder a eles con maior rapidez e utilizalos mentres se está desconectado. A base de datos contén tamén os metadatos, que son datos de xestión que Akonadi necesita para funcionar correctamente.

Os datos de configuración son os que configuran o servidor Akonadi e os recursos individuais. Os datos de configuración para o servidor están en «$HOME/.config/akonadi», a configuración para os recursos almacénase principalmente en «$HOME/.kde/share/config/akonadi_xyz_resourcerc#» (onde xyz é o nome do recurso e # o seu número de instancia).

A configuración do servidor Akonadi está formada por algúns ficheiros gardados en $HOME/.config/akonadi. Isto pode modificarse empregando variables de ambiente, $XDG_DATA_HOME e $XDG_CONFIG_HOME, sendo os seus valores predeterminados $HOME/.local/share e $HOME/.config respectivamente. Os ficheiros conteñen información sobre as fontes de datos e os programas de asistencia activos, que iniciará e vixiará (para que poidan reiniciarse en caso de erro grave) un dos procesos do servidor Akonadi (akonadi_control). O directorio base local de KDE pode modificarse mediante a variable de ambiente $KDEHOME, sendo o seu valor predeterminado $HOME/.kde (ou $HOME/.kde4 se o distribuidor o cambiou).

Véxase o que devolve

kde4-config --path data

Cada xestor de fontes de datos (“recurso”) ou asistente (“axente”) pode ter unha configuración de seu, aínda que algúns recursos e axentes non necesitan dela. A regra xeral di que para cada entrada en «$HOME/.config/akonadi/agentsrc» hai un ficheiro de configuración correspondente en «$HOME/.kde/share/config». Por exemplo, se a sección [Instances] do ficheiro «agentrc» ten unha entrada para «akonadi_ical_resource_2», tamén hai un ficheiro de configuración denominado «akonadi_ical_resource_2rc» no directorio de configuración de KDE.

Segundo o tipo de datos, eses ficheiros de configuración para os recursos terán rutas de ficheiros ou directorios indicando onde se gardan os datos. As rutas habituais son os ficheiros predeterminados da versión tres e anteriores de KDE, coma «$HOME/.kde/share/apps/korganizer/std.ics». As novas rutas predeterminadas son ficheiros e directorios en «$HOME/.local/share», coma «$HOME/.local/share/contacts».

Nas versións actuais a base de datos emprégase unicamente para o gardado de copias e de información estrutural, como por exemplo «a que caderno de enderezos corresponde un contacto». Isto vai cambiar en canto Akonadi se utilice para os correos electrónicos, dado que a información do estado («lido» ou «sen ler») tamén se garda aí (a non ser que a infraestrutura sexa tamén capaz de facelo, como é o caso de IMAP).

Organización das copias de seguridade

Agora toca decidir de que facer unha copia de seguridade. Se quere facer unha copia de seguridade dos “datos reais”, entón dependerá dos recursos que teña configurados. Se utiliza un servidor de software de colaboración, entón a copia de seguridade debería facerse alí. Para os contactos, necesitará xeralmente os ficheiros almacenados en «$HOME/.local/share/contacts».

A icona de Akonadi na bandexa do sistema conta cunha función para realizar e restaurar copias de seguridade. Dita función restaura a copia de seguridade dos “datos na caché”, que poderían non ser todos os seus datos! Pode resultar útil se quere clonar un sistema 1:1, entón pode copiar os datos na caché xunto cos reais e a configuración, de xeito que non teña que cargar os datos de novo dende a fonte (coma o servidor de software de colaboración).

Examinar os recursos

KRunner conta cunha configuración de recursos de Akonadi, á que se pode acceder dende Akonadi na bandexa do sistema -> Configurar. Na versión 4.6 da colección de software de KDE, poderá acceder a ela dende Configuración do sistema -> Información persoal. Pode que atope varios recursos configurados. E pode que un estea etiquetado coma:

Caderno de enderezos - Aínda non se configurou ningún complemento de caderno de enderezos de KDE.

trátase da vella ponte de compatibilidade (probablemente obra da ferramenta de migración). Debería borrala.

std.vcf - Listo

Este é o recurso de ficheiro Vcard, que apunta de maneira predeterminada a «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf». Recoméndase que non a utilice, dado que non obtén beneficio ningún de Akonadi.

Contactos persoais - Desconectado

Trátase do seu recurso preferido para os seus contactos persoais, que apunta a:

$HOME/.local/share/contacts

Teña en conta que podería dicir «Desconectado» cando de feito o estea a usar. Trátase dun erro ao amosar o estado, e pode ignoralo.

E cando Akonadi o utilicen máis compoñentes?

Cando o resto dos compoñentes se muden a Akonadi, van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.

Solución de problemas

Problema: ao actualizar á versión 4.6 o caderno de enderezos baleirouse completamente.

Solución: trátase do novo comportamento da versión 4.6. Pode escoller entre amosar uns cadernos de enderezos específicos ou todos eles. Diante de cada caderno de enderezos hai unha caixa para marcar. Márquea nos cadernos de enderezos que queira empregar.

Véxase tamén

Akonadi
KAddressBook