Bangarang/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Importing a new version from external source)
(Updating to match new version of source page)
 
(4 intermediate revisions by one other user not shown)
Line 1: Line 1:
<languages />
<languages />
 
<div class="mw-translate-fuzzy">
[[Image:Bangarang.png|128px|center]]
[[Image:Bangarang.png|128px|center]]
</div>


== Goce dos seus contidos ==
== Goce dos seus contidos ==
Line 14: Line 15:
'''Bangarang''' está deseñado para o seu escritorio KDE.
'''Bangarang''' está deseñado para o seu escritorio KDE.
{|class="tablecenter"
{|class="tablecenter"
|[[Image:Bangarang-kde-powered.png|460px|center]]
|[[Image:Bangarang-kde-powered-gl.png|460px|center]]
|}
|}


Completamente integrado co escritorio semántico de KDE; [[Special:myLanguage/Nepomuk|Nepomuk]], '''Bangarang''' pode acceder á información indexada dos contidos, e compartir a información obtida con outros aplicativos: puntuacións, etiquetas, estatísticas de uso, etc.
Completamente integrado co escritorio semántico de KDE, [[Special:myLanguage/Nepomuk|Nepomuk]], '''Bangarang''' pode acceder á información indexada dos contidos, e compartir a información obtida con outros aplicativos: puntuacións, etiquetas, estatísticas de uso, etc.


'''Bangarang''' pode reproducir canto poida reproducir [[Special:myLanguage/Phonon|Phonon]]. As funcionalidades e configuracións de son e vídeo actívanse automaticamente son compatíbeis con Phonon.
'''Bangarang''' pode reproducir canto poida reproducir [[Special:myLanguage/Phonon|Phonon]]. As funcionalidades e configuracións de son e vídeo actívanse automaticamente son compatíbeis con Phonon.
Line 81: Line 82:
Pode engadir etiquetas a calquera contido. Busque o campo '''Etiquetas''' na '''Vista da información'''. Pode engadir varias etiquetas a calquera elemento, polo que os contidos poden pertencer a calquera colección de etiquetas. Para ver as coleccións de etiquetas escolla <menuchoice>Etiquetas</menuchoice> desde as <menuchoice>Listas de contidos</menuchoice>. Trátase de etiquetas de '''Nepomuk''', polo que calquera outro aplicativo poderá tamén acceder a elas. O que significa tamén que se engade unha etiqueta desde '''Dolphin''', tamén aparecerá en '''Bangarang'''.
Pode engadir etiquetas a calquera contido. Busque o campo '''Etiquetas''' na '''Vista da información'''. Pode engadir varias etiquetas a calquera elemento, polo que os contidos poden pertencer a calquera colección de etiquetas. Para ver as coleccións de etiquetas escolla <menuchoice>Etiquetas</menuchoice> desde as <menuchoice>Listas de contidos</menuchoice>. Trátase de etiquetas de '''Nepomuk''', polo que calquera outro aplicativo poderá tamén acceder a elas. O que significa tamén que se engade unha etiqueta desde '''Dolphin''', tamén aparecerá en '''Bangarang'''.


Feel free to add more tips here.
Non dubide en engadir máis consellos á lista.


[[Category:Multimedia]]
[[Category:Son e vídeo/gl]]

Latest revision as of 14:29, 6 September 2020

Goce dos seus contidos

Bangarang axúdalle a gozar da súa música, filmes, series, fontes de son e vídeo, fluxos de son, fragmentos de son e vídeo, CDs e DVDs.

Desenvolvido por KDE

Bangarang está deseñado para o seu escritorio KDE.

Completamente integrado co escritorio semántico de KDE, Nepomuk, Bangarang pode acceder á información indexada dos contidos, e compartir a información obtida con outros aplicativos: puntuacións, etiquetas, estatísticas de uso, etc.

Bangarang pode reproducir canto poida reproducir Phonon. As funcionalidades e configuracións de son e vídeo actívanse automaticamente son compatíbeis con Phonon.

Os trebellos de Plasma compatíbeis con MPRIS poden controlar Bangarang directamente.

Sempre baixo control

Bangarang permítelle controlar a súa experiencia multimedia. En todo momento poderá acceder ás súas listas do Reproducido recentemente, Favoritos e Reproducido frecuentemente.

A Vista de información forneceralle información útil cando a necesite. Poderá acceder aos seus estilos favoritos, os álbums que escoita con maior frecuencia e moito máis, todo completamente actualizado.

Edite a información dos seus contidos facilmente. Obteña os datos do intérprete, a canción, o filme e a serie de provedores de datos coma Last.fm, themoviedb.org e theTVDB.com. Empregue etiquetas para organizar os seus contidos como queira.

Se prefire organizalos mediante xerarquías de ficheiros e cartafoles, Bangarang permítelle explorar o seu sistema de ficheiros como calquera outra lista de contidos. Cree e garde listas de medios, con vistas en directo e buscas.

Engada marcadores a calquera ficheiro reproducíbel e continúe véndoo ou escoitándoo a partir do punto no que quedou.

Libre

Bangarang —que no inglés xamaicano significa ruído e caos— é un aplicativo libre desenvolvido por voluntarios. Pode ler o blog do proxecto aquí. Se quere participar con código, traducións, imaxes ou ideas, bótelle unha ollada á páxina do proxecto e siga a lista de correo.

Informe de canto problema atope mentres usa Bangarang mediante o xestor de tarefas.

Bangarang está dispoñíbel nos repositorios de software de calquera distribución de GNU/Linux, e desde opendesktop.org. Pode que ao saír unha nova versión tarde un pouco en aparecer nos repositorios da súa distribución. Se está interesado en empaquetar Bangarang para a súa distribución, atopará a última versión do código fonte aquí.

Consellos

Editar os metadatos de varios ficheiros

Para editar os metadatos de varios ficheiros á vez, seleccióneos na lista de medios e prema o campo da Vista de información que queira editar. Cando remate, prema o botón de Gardar.

Cambiar a portada de todas as pistas dun álbum

Para cambiar a portada de todas as pistas dun álbum, atope o álbum e ábrao para amosar todos os ficheiros. Seleccióneos, e prema a portada do álbum na Vista de información; abrirase un diálogo desde o que poderá seleccionar o ficheiro de imaxe que queira definir como o da portada do álbum. Asegúrese de premer o botón de Gardar cando remate.

Eliminar a portada dun elemento

Sitúe o cursor sobre o campo da portada na Vista da información. Prema a icona de borrar o contido do campo, na parte dereita, para eliminar a portada. Prema o botón de Gardar a continuación.

Engadir un marcador a un ficheiro que se está a reproducir

Prema o campo onde se amosa o tempo que leva reproducíndose o ficheiro. Aparecerá un menú contextual con opcións; escolla Engadir un marcador. A próxima vez que reproduza un ficheiro, aparecerá unha icona canda o tempo, indicando que hai marcadores dispoñíbeis.

Explorar e reproducir ficheiros compartidos

A lista de medios Ficheiros e cartafoles amosa os mesmos lugares que o panel Lugares de Dolphin. Iso significa que se ten música ou filmes nun cartafol compartido da rede, pode acceder a el desde Bangarang engadindo a ruta aos Lugares de Dolphin, de xeito que apareza ao escoller Ficheiros e cartafoles en Bangarang.

Listas dinámicas personalizadas

Pode establecer criterios para as listas do Reproducido recentemente, Favoritos e Reproducido frecuentemente; prema na parte inferior das Listas de sons e Listas de vídeos ao seleccionar calquera destas listas.

Filtrar rapidamente a lista de contidos

Se preme Ctrl + F na vista das Listas de contidos, aparecerá unha barra de filtro na parte inferior coa que poderá filtrar a lista.

Crear coleccións personalizadas mediante etiquetas

Pode engadir etiquetas a calquera contido. Busque o campo Etiquetas na Vista da información. Pode engadir varias etiquetas a calquera elemento, polo que os contidos poden pertencer a calquera colección de etiquetas. Para ver as coleccións de etiquetas escolla Etiquetas desde as Listas de contidos. Trátase de etiquetas de Nepomuk, polo que calquera outro aplicativo poderá tamén acceder a elas. O que significa tamén que se engade unha etiqueta desde Dolphin, tamén aparecerá en Bangarang.

Non dubide en engadir máis consellos á lista.