Akonadi and AddressBook/gl: Difference between revisions
(Importing a new version from external source) |
(Importing a new version from external source) |
||
Line 50: | Line 50: | ||
Cando o resto dos compoñentes se muden a '''Akonadi''', van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo. | Cando o resto dos compoñentes se muden a '''Akonadi''', van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo. | ||
== | == Páxinas relacionadas == | ||
:[[Special:myLanguage/Akonadi|Akonadi]]<br /> | :[[Special:myLanguage/Akonadi|Akonadi]]<br /> |
Revision as of 16:33, 22 November 2010
Esta información foi fornecida por Tobias Koenig, desenvolvedor de KDE-PIM.
Conceptos previos
Ao falar de datos reais estarase facendo referencia aos datos, coma contactos e eventos. Estes datos almacénanse ben nun servidor de software colaborativo ben en ficheiros locais. O lugar dependerá do recurso. Por exemplo, o recurso de contactos persoais almacena os datos en «$HOME/.local/share/contacts», mentres que o recurso de ficheiros Vcard (que en realidade non se recomenda usar ) almacena os seus datos en «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf».
Os datos na caché son copias dos datos reais que se gardan na base de datos para acceder a eles con maior rapidez e utilizalos mentres se está desconectado. A base de datos contén tamén os metadatos, que son datos de xestión que Akonadi necesita para funcionar correctamente.
Os datos de configuración son os que configuran o servidor Akonadi e os recursos individuais. Os datos de configuración para o servidor están en «$HOME/.config/akonadi», a configuración para os recursos almacénase principalmente en «$HOME/.kde/share/config/akonadi_xyz_resourcerc#» (onde xyz é o nome do recurso e # o seu número de instancia).
A configuración do servidor Akonadi está formada por algúns ficheiros gardados en $HOME/.config/akonadi. Isto pode modificarse empregando variables de ambiente, $XDG_DATA_HOME e $XDG_CONFIG_HOME, sendo os seus valores predeterminados $HOME/.local/share e $HOME/.config respectivamente. Os ficheiros conteñen información sobre as fontes de datos e os programas de asistencia activos, que iniciará e vixiará (para que poidan reiniciarse en caso de erro grave) un dos procesos do servidor Akonadi (akonadi_control). O directorio base local de KDE pode modificarse mediante a variable de ambiente $KDEHOME, sendo o seu valor predeterminado $HOME/.kde (ou $HOME/.kde4 se o distribuidor o cambiou).
Véxase o que devolve
kde4-config --path data
Cada xestor de fontes de datos (“recurso”) ou asistente (“axente”) pode ter unha configuración de seu, aínda que algúns recursos e axentes non necesitan. A regra xeral di que para cada entrada en «$HOME/.config/akonadi/agentsrc» hai un ficheiro de configuración correspondente en «$HOME/.kde/share/config». Por exemplo, se a sección [Instances] do ficheiro «agentrc» ten unha entrada para «akonadi_ical_resource_2», tamén hai un ficheiro de configuración denominado «akonadi_ical_resource_2rc» no directorio de configuración de KDE.
Segundo o tipo de datos, eses ficheiros de configuración para os recursos terán rutas de ficheiros ou directorios indicando onde se gardan os datos. As rutas habituais son os ficheiros predeterminados da versión tres e anteriores de KDE, coma «$HOME/.kde/share/apps/korganizer/std.ics». As novas rutas predeterminadas son ficheiros e directorios en «$HOME/.local/share», coma «$HOME/.local/share/contacts».
Nas versións actuais a base de datos emprégase unicamente para o gardado de copias e de información estrutural, como por exemplo «a que caderno de enderezos corresponde un contacto». Isto vai cambiar en canto Akonadi se utilice para os correos electrónicos, dado que a información do estado («lido» ou «sen ler») tamén se garda aí (a non ser que a infraestrutura sexa tamén capaz de facelo, como é o caso de IMAP).
Organización das copias de seguridade
Agora toca decidir de que facer unha copia de seguridade. Se quere facer unha copia de seguridade dos “datos reais”, entón dependerá dos recursos que teña configurados. Se utiliza un servidor de software colaborativo, entón a copia de seguridade debería facerse alí. Para os contactos, necesitará xeralmente os ficheiros almacenados en «$HOME/.local/share/contacts».
A icona de Akonadi na bandexa do sistema conta cunha función para realizar e restaurar copias de seguridade. Dita función restaura a copia de seguridade dos “datos na caché”, que poderían non ser todos os seus datos! Pode resultar útil se quere clonar un sistema 1:1, entón pode copiar os datos na caché xunto cos reais e a configuración, de xeito que non teña que cargar os datos de novo dende a fonte (coma o servidor de software colaborativo).
Examinar os recursos
KRunner conta cunha configuración de recursos de Akonadi, á que podes acceder dende . Pode que atope varios recursos configurados. E pode que un estea etiquetado coma:
Caderno de enderezos - Aínda non se configurou ningún complemento de caderno de enderezos de KDE.
trátase da vella ponte de compatibilidade (probablemente obra da ferramenta de migración). Debería borra esta.
std.vcf - Listo
Este é o recurso de ficheiro Vcard, que apunta a «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf» de maneira predeterminada. Recoméndase que non a utilice, dado que non obtén beneficio ningún de Akonadi.
Contactos persoais - Desconectado
Trátase do seu recurso preferido para os seus contactos persoais, que apunta a:
$HOME/.local/share/contacts
Teña en conta que podería dicir «Desconectado» cando de feito o estea a usar. Trátase dun erro ao amosar o estado, e pode ignorarse.
E cando Akonadi o utilicen máis compoñentes?
Cando o resto dos compoñentes se muden a Akonadi, van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.