Artwork/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Created page with "== Consellos, trucos e aprendizaxes ==")
(Created page with "* «Uso da forma de texto artístico» é unha aprendizaxe que demostra como empezar coa forma de texto artístico, d...")
Line 33: Line 33:
== Consellos, trucos e aprendizaxes ==
== Consellos, trucos e aprendizaxes ==


* [[Special:myLanguage/KOffice/Tutorials/Artistic Text Shape|Using the Artistic Text Shape]] is a tutorial that shows how to get started with the artistic text shape that is available in all KOffice applications.
* «[[Special:myLanguage/KOffice/Tutorials/Artistic Text Shape|Uso da forma de texto artístico]]» é unha aprendizaxe que demostra como empezar coa forma de texto artístico, dispoñíbel en todos os aplicativos de KOffice.


[[Category:Office]]
[[Category:Office]]
[[Category:Graphics]]
[[Category:Graphics]]

Revision as of 08:27, 21 December 2011

File:Logo-karbon14.png
  Artwork é un aplicativo de gráficos vectores para KOffice

Artwork é un aplicativo de debuxo vectorial cunha interface intuitiva, e amplamente personalizábel e extensíbel. Iso converte a Artwork nun gran aplicativo para os usuarios que estean a comezar a explorar o mundo das imaxes vectoriais, así como para os profesionais que queiran realizar verdadeiras obras de arte.

Funcionalidades

  • Capacidade de carga dos formados ODG, SVG, WPG, WMF, e EPS/PS.
  • Capacidade de escrita nos formatos ODG, SVG, PNG, PDF, e WMF.
  • Interface personalizábel con barras de ferramentas e docas que se poden situar en calqueira lugar.
  • Doca de capas para un manexo sinxelo de documentos complexos, incluíndo previsualizacións en miniatura, agrupamento de formas arrastrando e soltando, control da visibilidade das formas ou bloqueo.
  • Ferramenta de edición avanzada de trazos, con grande funcionalidades de edición no lenzo.
  • Varias ferramentas de debuxo para trazar formas, incluíndo unha ferramenta de debuxo de trazos, un lapis, e unha ferramenta de caligrafía.
  • Ferramentas para editar no lenzo facilmente estilos de patróns e degradados.
  • Funcionalidades de aliñamento de gran calidade para debuxo e edición guiadas (por exemplo, aliñamento coa grella, liñas guía, nodos de trazado, caixas de asociación, posicións ortogonais, interseccións de tradazos de formas ou extensións de liñas e trazados).
  • Inclúe moitas formas predefinidas, entre elas formas básicas como estrelas, círculos, elipses, rectángulos e imaxes.
  • Forma de texto artístico que pode adaptarse a trazados base (é dicir, texto nun trazado).
  • Efectos e operacións complexas sobre trazados, como operacións booleanas, alisadi de trazados, e efectos para arredondar e refinar entre outros efectos.
  • Extensíbel mediante complementos que engaden novas ferramentas, formas e docas.

Capturas de pantalla

Tigre en SVG aberto con Artwork.
 
Imaxe WPG importada.

Hai máis capturas dispoñíbeis nesta páxina.

Consellos, trucos e aprendizaxes

  • «Uso da forma de texto artístico» é unha aprendizaxe que demostra como empezar coa forma de texto artístico, dispoñíbel en todos os aplicativos de KOffice.