Amarok/QuickStartGuide/HowToDealWithProblems/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
No edit summary
No edit summary
Line 4: Line 4:
==== O aplicativo sáltase parte da música de seguida ====
==== O aplicativo sáltase parte da música de seguida ====


<span class="mw-translate-fuzzy">
Pode que non teña instalados os ''códecs'' necesarios.  Atopará máis información ao respecto [[Special:myLanguage/Amarok/Manual/Various/FAQ#What_media_types_does_Amarok_support?|aquí]]. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.
Pode que non teña instalados os ''codecs'' necesarios.  Atopará máis información ao respecto [[Special:myLanguage/Amarok/Manual/Various/FAQ#What_media_types_does_Amarok_support?|aquí]]. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.
</span>


==== O meu iPod non aparece no ''navegador'' de contidos ao montalo ====
==== O meu iPod non aparece no ''navegador'' de contidos ao montalo ====

Revision as of 08:26, 29 April 2013

Solucionar os problemas

O aplicativo sáltase parte da música de seguida

Pode que non teña instalados os códecs necesarios. Atopará máis información ao respecto aquí. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.

O meu iPod non aparece no navegador de contidos ao montalo

Pois debería. Asegúrese de que o dispositivo se montou correctamente. Execute a seguinte instrución nunha consola para obter unha lista dos dispositivos que ten montados:

mount

Tras actualizar a colección de música, a música nova non aparece no navegador de contidos

Vaia ao menú superior e a Ferramentas -> Actualizar a colección. Se non aparecen, saia do Amarok dende o menú Amarok, ou mediante o atallo (Ctrl+Q é o predeterminado). Ao volver iniciar o Amarok, a nova música aparecerá canda o resto da colección.

Amarok non dá atopada a letra das canción que estou a escoitar

Pode que estea a ocorrer algunha das seguintes cousas:

  1. As letras non están dispoñíbeis nos sitio da Internet nos que se buscan. Pode que queira engadir máis mediante o menú dos guións, accesíbel dende Configuración -> Configurar o Amarok.
  2. O sistema de numeración das cancións do álbum non é correcto.
  3. O título das cancións contén caracteres especiais (vogais con tiles, eñe, etc.) que non se amosan no título. Iso explicaría que o guión de busca de letras non dea atopado ningunha que se corresponda co título da canción. Comprobe a información das cancións e o sistema de numeración cun programa de xestión de etiquetas coma Picard.

Non atopou o que buscaba?

No manual trátanse asuntos máis complexos, como a solución de problemas e cales son os áis habituais, e as preguntas máis habituais sobre o reprodutor.