Amarok/gl: Difference between revisions
(Importing a new version from external source) |
(Importing a new version from external source) |
||
Line 119: | Line 119: | ||
Se '''Amarok''' recoñécelle case toda a súa música pero non así algúns cartafoles, abra unha consola e escriba: | Se '''Amarok''' recoñécelle case toda a súa música pero non así algúns cartafoles, abra unha consola e escriba: | ||
{{Input|1=touch ''''' | {{Input|1=touch '''''cartafol'''''}} | ||
where '''''folder''''' is the path to the folder that has the problem. Then select <menuchoice>Settings -> Configure Amarok</menuchoice> in Amarok main window menu, and open <menuchoice>Collection -> Rescan Collection</menuchoice> page. Your folder should be visible again now. | where '''''folder''''' is the path to the folder that has the problem. Then select <menuchoice>Settings -> Configure Amarok</menuchoice> in Amarok main window menu, and open <menuchoice>Collection -> Rescan Collection</menuchoice> page. Your folder should be visible again now. |
Revision as of 16:39, 22 November 2010
Amarok é un xestor de música. |
Amarok é un reprodutor de música libre, multiplataforma, versátil, potente e conta con moitas funcionalidades. Permite xestionar facilmente as coleccións, descarga as portadas dos álbums e a informacións dos temas de maneira automática, e ten integrada a compatibilidade con servizos coma Jamendo, Last.fm, Magnatune ou Librivox. Ademais pode personalizarse completamente, os usuarios poden cambiar o seu aspecto e a distribución dos seus elementos para adaptalo ás súas necesidades. A súa última versión estable é a 2.3.1.
Para quen estea a usar Amarok por vez primeira, quizais sexa boa idea botarlle unha ollada á guía para principiantes.
\
A interface
Amarok ten unha interface predeterminada con tres paneis.
O panel esquerdo (Orixes de medios)
Dende o panel das orixes de medios situado á esquerda accédese á colección local, así coma a outros servizos. A primeira sección corresponde á last.fm (quen teña unha conta), mercar música de tendas dixitais coma Magnatune , descargar música baixo licenzas Creative Commons de Jamendo, e moito máis. A sección de permite crear e xestionar Listas de reprodución dinámicas, así como acceder ás Listas de reprodución gardadas e ao Xerador automático de listas de reprodución. A sección de contén un navegador de ficheiros integrado, e a sección de permite acceder ás subscricións a podcast existentes. | , a interface principal para acceder á colección local e os dispositivos conectados tales coma reprodutores con memoria USB ou CDs. A segunda sección xestiona os activos. A través desta sección pódese navegar por listas de estacións de radio, escoitar ou subscribirse a podcasts, enviar e recibir información de
O panel central (Vista de contexto)
Aquí é onde se amosa toda a información. O panel central ten tres trebellos que cambian de maneira dinámica para amosar información relativa á pista que se estea a reproducir. Pode ver a valoración, a puntuación e mailo reconto de reproducións no trebello de Pista actual ou as últimas pistas reproducidas en caso de que non se estea a reproducir ningunha, a Letra da canción e mailo artigo sobre o intérprete na Galipedia. Pódense engadir, borrar e reorganizar os trebellos mediante a barra de trebellos, situada na parte inferior do panel. |
O panel dereito (visualización da lista de reprodución)
Amarok conta coa lista de reprodución que máis se pode personalizar de todas as dos reprodutores de música que existen. Permítelle adaptar a lista completamente ás súas necesidades e gustos. Existen tres disposicións predefinidas que pode usar como puntos de partida para crear a disposición que máis se axuste aos seus gustos persoais. Pode xerar listas de reprodución dinámicas de varios xeitos ou empregar o xerador automático de listas de reprodución, reproducir ao chou ou repetir, poñer pistas na cola ou mesmo gardar as listas de reprodución para poder empregalas en calquera outro momento. |
Funcionalidades
Reprodución de música
Amarok recoñece case todos os formatos de música máis populares. A lista de formatos dependerá en realidade dos códecs e maila infraestrutura de son que empregue o seu sistema. Tamén recoñece as listas de temas tradicionais, polo que pode crear, gardar e cargar tantas listas como queira. |
Compatibilidade cos dispositivos externos
Amarok é compatible cunha gran variedade de dispositivos de son e vídeo, tales coma iPods ou dispositivos MTP e UMS.
O botón de na parte superior da colección permítelle mesturar coleccións. Isto quere dicir: a súa colección local, os discos de música, os reprodutores MP3 e demais dispositivos similares amosaranse todos coma unha colección única. O mesmo botón pode volverse premer para visualizar de novo as fontes por separado. |
Configuración da visualización do contexto
A visualización do contexto, o principal atractivo do Amarok, pode obter automaticamente información contextual da canción que se estea a reproducir (como a portada do álbum, a letra ou información da Galipedia) da Internet e amosala. Esta é unha das funcionalidades únicas que sempre tivo Amarok. |
Máis servizos de Internet
Amarok abre as portas a unha completa experiencia de son e vídeo na rede.
Todo iso dende Amarok. E só é o principio. Aínda pode engadir máis servizos de Internet mediante o . |
Xestor dos guións
Os guións son complementos que lle permiten ampliar a funcionalidade de Amarok de xeito innovador. Mediante o | pode xestionar estes guións, instalar novos guións ou activar, desactivar e borrar os que xa ten instalados. Tamén pode empregar o botón de para descargar novos guións publicados por outros usuarios.
Xestor das portadas
Pode explorar a súa colección de música mediante o | , que amosa as portadas dos álbums, descárgaas dende varias fontes ou permite que Amarok as busque automaticamente na Internet.
Valoración e puntuación
Pode expresar o seu agrado valorando as cancións. Amarok permite puntuar con medias estrelas (½✩). Ademais diso, Amarok pode calcularlles ás cancións unha puntuación (unha especie de valoración “adiviñada”) baseándose en datos como a cantidade de veces que as escoitou ou pasou delas. |
Arrastrar e soltar
Esta é unha interface innovadora que lle lista distintas opcións (como as que vería no menú que aparece ao premer co botón dereito do rato) nas que pode “soltar” a canción. Arrastre unha pista de son e verá como aparece o “arrastrar e soltar” no panel da visualización do contexto! |
Configuración da visualización da lista de reprodución
A lista de reprodución pode configurarse completamente e pode amosar información sobre as pistas de son da forma que se prefira. Se está afeito á | propia das versións 1.x de Amarok e outros moitos reprodutores, tamén pode tela! A permite tamén gardar e exportar a lista actual.
Listas de reprodución dinámicas
Amarok permítelle crear listas de reprodución ao chou que se axustan a varios criterios de maneira exacta ( | ) ou aproximada ( ). Por exemplo, pode crear unha lista de reprodución que estará formada por cancións ao chou valoradas con máis de tres estrelas e que daten en torno ao ano 1967!
Posibilidade de reproducir a ganancia
Amarok permite reproducir a información da etiqueta de ganancia incluída nos ficheiros e axustar automaticamente o volume das cancións para que todas estean máis ou menos ao mesmo nivel.
Redescubra a súa música!
Pistas, trucos e dúbidas habituais
Se Amarok recoñécelle case toda a súa música pero non así algúns cartafoles, abra unha consola e escriba:
touch cartafol
where folder is the path to the folder that has the problem. Then select
in Amarok main window menu, and open page. Your folder should be visible again now.Tutorials
More Information
Support for this application can be found from the project's home page