Amarok/QuickStartGuide/Playlists/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Created page with "Ao premer o botón do disco na parte inferior do panel da ''lista de reprodución'' a lista gardarase na base de datos de listas de reprodución de '''Amarok'''. Para gardala nou...")
(Created page with "O nome predeterminado das listas de reprodución, ao gardarse, está formado pola data e a hora (véxase a seguinte imaxe). Pode premer a lista co botón dereito do rato para cam...")
Line 91: Line 91:
{{Todo|Engadir a nova icona do xestor da cola á lista.}}
{{Todo|Engadir a nova icona do xestor da cola á lista.}}


By default, your saved playlist has a name composed of the date and time when you saved it (see image below). Right-click the playlist name to rename it. Right-clicking on a playlist name also allows you to add it to your existing playlist in the ''Playlist'' pane, or to replace your existing playlist.
O nome predeterminado das listas de reprodución, ao gardarse, está formado pola data e a hora (véxase a seguinte imaxe). Pode premer a lista co botón dereito do rato para cambiarllo. Preméndoa co botón dereito pódese tamén substituír ou completar a lista de reprodución actual cos seus temas.


[[Image:Amarok-renameplaylist.png|250px|thumb|center]]
[[Image:Amarok-renameplaylist.png|250px|thumb|center]]

Revision as of 10:40, 4 April 2011

Listas de reprodución

O panel das listas de reprodución

Agora que Amarok xa analizou a súa colección de música, quererá escoitala. Cree entón mediante o panel da Lista de reprodución unha coas cancións que máis lle apeteza escoitar no panel da lista de reprodución. Dende aí é dende onde se reproduce a música, os fluxos de son e as publicacións de gravacións.

Pode organizar as cancións segundo o título, o nome do álbum, o intérprete, o xénero e moitos outros criterios. Pode por exemplo organizar as cancións primeiro por ano, logo por intérprete, e así.

Mediante a caixa de busca pode buscar ou filtrar as cancións. Coas dúas frechas grandes que hai sobre a Lista de reprodución pode saltar á seguinte canción ou á anterior das que conteñen o texto que escribiu. A chave inglesa á dereita permítelle filtrar as cancións por intérprete, álbum, etc.

A disposición dos contidos no panel da lista de reprodución pode modificarse dende o menú Lista de reprodución -> Disposición da lista de reprodución.

Engadir música á lista de reprodución

Existen catro xeitos de engadir música á lista de reprodución.


  1. Seleccione música no navegador de contidos, e arrástrea cara a dereita. Se a arrastra sobre o panel do Contexto aparecerá o menú de soltar, que pode verse na imaxe anterior. O menú dará neste caso tres opcións: Engadir á lista de reprodución, Substituír a lista de reprodución ou Máis.... A opción salientada de cor gris (Engadir á lista de reprodución na imaxe) é a activa. Soltando nela a música, esta engadirase ao panel da lista de reprodución. Soltándoa en Máis... aparecerán novas opcións no menú de soltar.
  2. Arrastre a música seleccionada ata o panel da Lista de reprodución (na parte dereita da xanela do Amarok).
  3. Prema dúas veces seguidas no álbum ou canción que queira engadir á lista.
  4. Prema co botón dereito do rato no álbum ou canción. No menú contextual haberán opcións similares. Na seguinte imaxe pode verse o menú contextual que aparece ao premer algo co botón dereito do rato. Escolla Engadir á lista de reprodución.

A barra de ferramentas

A barra de ferramentas da parte superior da pantalla do Amarok permite empregar unha interface simple para controlar a reprodución da música da lista de reprodución.

Prema a icona arredondeada da esquerda para iniciar a reprodución, e vólvao premer para detela. Á dereita está o control do volume; pode premer no centro da icona para silenciar o programa. Para controlar o volume pode empregar a roda do rato ou premer ou arrastrar o cursor polo anel externo da icona do volume.

AO comezar a reproducirse un ficheiro ou fluxo de son, o texto co intérprete, o álbum e o número do tema que aparece en letra grosa na parte central cambia lentamente. Á dereita estará o seguinte tema, e pode premer nel para comezar a reproducilo de maneira inmediata. Ao rematar a reprodución dun tema, este aparecerá á esquerda, de xeito que poida aínda premer no seu título para volver a el. A barra de progreso que hai no centro da barra de ferramentas indica o tempo reproducido (á esquerda) e o restante (á dereita) do tema que se estea a reproducir.

Se prefireunha barra de ferramentas máis tradicional, pode ir a Barra de ferramentas pequena dende o menú Ver.

Uso das listas de reprodución

Pode que queira eliminar álbums ou temas da lista de reprodución, cambiar a información que aparece en cada tema ou cambiar a orde dos mesmos.

Eliminar un tema

Pode eliminar calquera tema ou álbum da lista de reprodución do seguinte xeito:

  1. Prema o elemento da lista de reprodución co botón dereito do rato e escolla a opción Eliminar da lista.
  2. Arrastre o elemento a eliminar sobre o panel de contexto para activar o arrastrar e soltar. Aparecerán diversas opcións. Arrastre o elemento a zona co texto Eliminar da lista. Na seguinte imaxe pode verse como se arrastra un tema á opción Eliminar de arrastrar e soltar.
  3. Seleccione o tema ou temas e prema a tecla de suprimir, Supr. Pódense seleccionar varios temas mediante as teclas Maiús ou Ctrl.

Volva engadir os temas eliminados mediante o atallo Ctrl + Z ou premendo a frecha da barra de ferramentas da lista de reprodución na parte inferior do panel da lista de reprodución, tal e como pode verse a continuación.

Usar as ferramentas da parte inferior da lista de reprodución

Na parte inferior do panel da lista de reprodución hai sete iconas:

Icona Acción
Borra todos os temas da lista de reprodución.
Garda a lista. O nome predeterminado será a data actual, pero pode cambiarse.
Desfacer o último cambio na lista.
Volver realizar o último cambio desfeito da lista.
Salienta o tema que se está a reproducir, útil para listas longas.
Permite configurar o método de reprodución: repetir os temas, empregar unha orde aleatoria, priorizar os que menos veces se reproduciron, etc.
Modificar a cola da lista; que son os temas que se reproducirán antes de retomar a lista.

Estes botóns son alternativas a varias accións do teclado.

Gardar e listar listas de reprodución

A icona de disco (véxase a táboa anterior), na parte inferior do panel da lista de reprodución, permite gardar a lista de reprodución actual. Deste xeito poderá acceder a unha selección concreta da súa colección de música en calqueira momento. As listas de reprodución só conteñen referencias á música, non os ficheiros de son, polo que se a lista contén temas dun dispositivo extraíbel, este terá que estar conectado e montado para que a súa música se poida reproducir. As listas de reprodución poden gardarse en tres lugares:

  1. fóra de Amarok, no sistema de ficheiros do computador,
  2. na base de datos de listas de reprodución de Amarok ou
  3. nun dispositivo extraíbel.

Ao premer o botón do disco na parte inferior do panel da lista de reprodución a lista gardarase na base de datos de listas de reprodución de Amarok. Para gardala noutro lugar, deixe premido o botón e desprace o cursor ata dita opción.

noframe
noframe
TODO
Engadir a nova icona do xestor da cola á lista.


O nome predeterminado das listas de reprodución, ao gardarse, está formado pola data e a hora (véxase a seguinte imaxe). Pode premer a lista co botón dereito do rato para cambiarllo. Preméndoa co botón dereito pódese tamén substituír ou completar a lista de reprodución actual cos seus temas.