Amarok/QuickStartGuide/HowToDealWithProblems/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Updating to match new version of source page)
(Updating to match new version of source page)
Line 60: Line 60:
| index=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide | indextext=Volver ao menú
| index=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide | indextext=Volver ao menú
}}
}}
[[Category:Amarok]]
[[Category:Multimedia]]
[[Category:Tutorials]]

Revision as of 19:26, 17 May 2012


Solucionar os problemas

O aplicativo sáltase parte da música de seguida

Pode que non teña instalados os codecs necesarios. Atopará máis información ao respecto aquí. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.

O meu iPod non aparece no navegador de contidos ao montalo

Pois debería. Asegúrese de que o dispositivo se montou correctamente. Execute a seguinte instrución nunha consola para obter unha lista dos dispositivos que ten montados:

mount

Amarok non recoñece as listas de reprodución predefinidas do meu reprodutor de música portátil

Espere a que se publique a seguinte versión do Amarok.

Tras actualizar a colección de música, a música nova non aparece no navegador de contidos

Vaia ao menú superior e a Ferramentas -> Actualizar a colección. Se non aparecen, saia do Amarok dende o menú Amarok, ou mediante o atallo (Ctrl+Q é o predeterminado). Ao volver iniciar o Amarok, a nova música aparecerá canda o resto da colección.

Amarok non dá atopada a letra das canción que estou a escoitar

Pode que estea a ocorrer algunha das seguintes cousas:

  1. As letras non están dispoñíbeis nos sitio da Internet nos que se buscan. Pode que queira engadir máis mediante o menú dos guións, accesíbel dende Configuración -> Configurar o Amarok (Ferramentas -> Xestor de guións para versións anteriores á 2.4.1).
  2. O sistema de numeración das cancións do álbum non é correcto.
  3. O título das cancións contén caracteres especiais (vogais con tiles, eñe, etc.) que non se amosan no título. Iso explicaría que o guión de busca de letras non dea atopado ningunha que se corresponda co título da canción. Comprobe a información das cancións e o sistema de numeración cun programa de xestión de etiquetas coma Picard.

Non atopou o que buscaba?

No manual trátanse asuntos máis complexos, como a solución de problemas e cales son os áis habituais, e as preguntas máis habituais sobre o reprodutor.