Calligra/Download/gl: Difference between revisions
(Updating to match new version of source page) |
(Updating to match new version of source page) |
||
Line 1: | Line 1: | ||
<languages /> | <languages /> | ||
<span class="mw-translate-fuzzy"> | |||
{{Note|Esta páxina lista copias binarias (para instalación) da suite de oficina Calligra listas para usar. Tamén pode descargarse o [http://community.kde.org/Calligra/Building#Getting_the_source_code código fonte completo].}} | {{Note|Esta páxina lista copias binarias (para instalación) da suite de oficina Calligra listas para usar. Tamén pode descargarse o [http://community.kde.org/Calligra/Building#Getting_the_source_code código fonte completo].}} | ||
</span> | |||
== Versións estábeis == | == Versións estábeis == | ||
Line 63: | Line 65: | ||
=== Arch Linux === | === Arch Linux === | ||
<span class="mw-translate-fuzzy"> | |||
Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio adicional (''extra''). | Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio adicional (''extra''). | ||
</span> | |||
=== Fedora === | === Fedora === |
Revision as of 05:05, 2 August 2013
Versións estábeis
A última versión estable de Calligra é a 3.1.0. Instale esta versión, a axuda para as versións anteriores será limitada. Para versións moi antigas, como a 2.4, non existe axuda ningunha.
Arch Linux
Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio [extra].
Chakra
Chakra fornece paquetes de Calligra no repositorio de escritorio (desktop).
O DVD executábel de Chakra inclúe a última versión de Calligra.
Debian
Debian fornece paquetes de Calligra no repositorio inestábel e no repositorio de probas.
Fedora
Os paquetes de Calligra para Fedora están dispoñíbeis no repositorio inestábel do Proxecto de Empaquetación de KDE.
FreeBSD
FreeBSD fornece paquetes das versións estábeis na árbore de ports mediante editors/calligra, e versións de desenvolvemento na Área 51 mediante CALLIGRA/editors/calligra.
Gentoo
Gentoo ten paquetes de Calligra en Portage: packages.gentoo.org
openSUSE
O xeito máis doado de instalar Calligra en openSUSE é ir a http://software.opensuse.org/package/calligra. Teña en conta que esta páxina mostra versións obsoletas de Calligra, como a 2.4. Prema a ligazón Show other versions («Mostrar outras versións») e seleccione unha versión máis recente, preferibelmente da openSUSE Factory.
Servizo de construción de openSUSE. Hai paquetes de Calligra dispoñíbeis nos repositorios KDE:Release:48 e KDE:Distro:Stable para OpenSuse 11.x e 12.x. Véxanse tamén todas as construcións de Calligra no servizo de construción de openSUSE.
Visite [1] para buscar que repositorio cobre as súas necesidades.
Ubuntu
A versión 2.5 de Calligra está dispoñíbel no PPA «Kubuntu Backports» para a versión 12.04 de Ubuntu, e está incluído de maneira predeterminada na versión de desenvolvemento, a 12.10 (Quantal).
Véxase http://www.kubuntu.org/news/calligra-2.5
ROSA Marathon 2012
ROSA Marathon fornece Calligra no repositorio de contribucións (contrib).
Windows
KO GmbH publicou un instalador para Windows, que atopará na súa páxina de descargas.
Please go to the Download Page.
Versión inestábel
Arch Linux
Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio adicional (extra).
Fedora
Hai paquetes para Fedora dispoñíbeis no repositorio de desenvolvemento [2], e o repositorio kde-unstable, ao que pode acceder desde «http://kde-redhat.sourceforge.net/», contén construcións de versións anteriores.
FreeBSD
Hai ports de Calligra dispoñíbeis na Área 51.
OpenSUSE
Capturas de pantalla de Git están dispoñibles no repositorio inestable.
- Aquí pode descargar construcións diarias de capturas de Git. Téñase en conta que estes paquetes céntranse en Plasma Active e en dispositivos móbiles.
Visite http://en.opensuse.org/KDE_repositories (en inglés) para informarse de que repositorios se axustan mellor ás súas necesidades.
Ubuntu
Se usa Ubuntu, pode conseguir unha construción nocturna de Calligra co Proxecto Neon. Para iso necesita engadir «ppa:neon/ppa» ao ficheiro sources.list e instalar o paquete «project-neon-calligra».
Este script instala o proxecto neon e calligra:
sudo add-apt-repository ppa:neon/ppa \ && sudo apt-get update\ && sudo apt-get install project-neon-base \ project-neon-calligra \ project-neon-calligra-dbg
Para executar os paquetes instalador ten que pechar a sesión e escoller «Project Neon» na pantalla de inicio. Neon ten sempre a última versión, non necesariamente versións de proba.
ROSA Marathon 2012
Se usa ROSA, pode conseguir paquetes de versións de desenvolvemento de Calligra do repositorio persoal en ABF. Para engadilos ao sistema, siga estes pasos:
Se a arquitectura do seu sistema é i586:
urpmi.addmedia ach_personal http://abf.rosalinux.ru/downloads/ach_personal/repository/rosa2012lts/i586/main/release
Se a arquitectura do seu sistema é x86_64:
urpmi.addmedia ach_personal http://abf.rosalinux.ru/downloads/ach_personal/repository/rosa2012lts/x86_64/main/release
Símbolos de depuración
Que e para que son os símbolos de depuración?
Ao compilar un programa con opcións especiais para xerar símbolos de depuración (a opción -g do compilador), xérase información adicional que se almacena no ficheiro do programa. Esa información pode empregarse para xerar trazas inversas con moita máis información, como pode ser o número de liña exacto do código fonte onde se produciu o problema. Sen esta información, é bastante difícil determinar cal foi o problema só con ollar a traza inversa.
Véxase KDE Techbase (en inglés) para máis información sobre as trazas inversas.
Símbolos de depuración para Debian e Ubuntu
Instale o paquete calligra-dbg
para contar cos símbolos de depuración de todo o código fonte de Calligra.
Símbolos de depuración para Fedora
Tal e como se explica en Instalación de paquetes RPM de depuración con yum, use a orde debuginfo-install calligra
.