Akonadi and AddressBook/gl: Difference between revisions

From KDE Wiki Sandbox
(Importing a new version from external source)
(Importing a new version from external source)
Line 39: Line 39:
==E cando '''Akonadi''' o utilicen máis compoñentes?==
==E cando '''Akonadi''' o utilicen máis compoñentes?==


When the rest of the components move to '''Akonadi''', will all the data be under ~/.local/share? That should make backup easy. Well, contacts and mails are stored there now, I don't know what the plan for events/todos is, but it would make sense to store them there as well. We'll keep it in mind when discussion pops up!
Cando o resto dos compoñentes se muden a '''Akonadi''', van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.


[[Category:System]]
[[Category:System]]

Revision as of 06:35, 27 August 2010

Esta información foi fornecida por Tobias Koenig, desenvolvedor de KDE-PIM.

Conceptos previos

Ao falar de datos reais estarase facendo referencia aos datos, coma contactos e eventos. Estes datos almacénanse ben nun servidor de software colaborativo ben en ficheiros locais. O lugar dependerá do recurso. Por exemplo, o recurso de contactos persoais almacena os datos en «$HOME/.local/share/contacts», mentres que o recurso de ficheiros Vcard (que en realidade non se recomenda usar ) almacena os seus datos en «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf».

Os datos na caché son copias dos datos reais que se gardan na base de datos para acceder a eles con maior rapidez e utilizalos mentres se está desconectado. A base de datos contén tamén os metadatos, que son datos de xestión que Akonadi necesita para funcionar correctamente.

Os datos de configuración son os que configuran o servidor Akonadi e os recursos individuais. Os datos de configuración para o servidor están en «$HOME/.config/akonadi», a configuración para os recursos almacénase principalmente en «$HOME/.kde/share/config/akonadi_xyz_resourcerc#» (onde xyz é o nome do recurso e # o seu número de instancia).

Organización das copias de seguridade

Agora toca decidir de que facer unha copia de seguridade. Se quere facer unha copia de seguridade dos “datos reais”, entón dependerá dos recursos que teña configurados. Se utiliza un servidor de software colaborativo, entón a copia de seguridade debería facerse alí. Para os contactos, necesitará xeralmente os ficheiros almacenados en «$HOME/.local/share/contacts».

A icona de Akonadi na bandexa do sistema conta cunha función para realizar e restaurar copias de seguridade. Dita función restaura a copia de seguridade dos “datos na caché”, que poderían non ser todos os seus datos! Pode resultar útil se quere clonar un sistema 1:1, entón pode copiar os datos na caché xunto cos reais e a configuración, de xeito que non teña que cargar os datos de novo dende a fonte (coma o servidor de software colaborativo).

Examinar os recursos

KRunner conta cunha configuración de recursos de Akonadi, á que podes acceder dende Akonadi na bandexa do sistema -> Configurar. Pode que atope varios recursos configurados. E pode que un estea etiquetado coma:

Caderno de enderezos - Aínda non se configurou ningún complemento de caderno de enderezos de KDE.

trátase da vella ponte de compatibilidade (probablemente obra da ferramenta de migración). Debería borra esta.

std.vcf - Listo

Este é o recurso de ficheiro Vcard, que apunta a «$HOME/.kde/share/apps/kabc/std.vcf» de maneira predeterminada. Recoméndase que non a utilice, dado que non obtén beneficio ningún de Akonadi.

Contactos persoais - Desconectado

Trátase do seu recurso preferido para os seus contactos persoais, que apunta a:

$HOME/.local/share/contacts

Note that this may say "Offline" when in fact you are using it. This is a display bug, and can safely be ignored.

E cando Akonadi o utilicen máis compoñentes?

Cando o resto dos compoñentes se muden a Akonadi, van estar todos os datos en «~/.local/share»? Iso debería facilitar as copias de seguridade. A verdade é que os contactos e correos electrónicos gárdanse aí agora, e non sei cales son as intencións para os eventos e tarefas, pero sería lóxico almacenalos aí tamén. Terémolo en conta á hora de discutilo.