Translations:Asking Questions/15/gl

From KDE Wiki Sandbox
Revision as of 14:17, 10 June 2012 by Gallaecio (talk | contribs) (Importing a new version from external source)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Pode probar os métodos anteriores cando as súas preguntas sexan relativas ao escritorio e os aplicativos da colección de software de KDE nun sistema operativo concreto, pero a menos que a pregunta estea directamente ligada á colección de software de KDE, o máis probábel é que non atope a solución. Se a súa pregunta non está directamente relacionada co software de KDE, non empregue as listas de correo de KDE. Por exemplo, unha pregunta que non ten que ver con KDE podería ser «non me funciona a tarxeta de son». En casos coma ese, empregue os sistemas de axuda do seu sistema operativo concreto. Por exemplo, se as preguntas son relativas a GNU/Linux, existen sitios de axuda coma www.linuxnewbie.org ou www.linuxnewbie.com, ou a lista de correo kde-linux (todo en inglés).