Amarok
Amarok é un xestor de música. |
Amarok é un reprodutor de música libre, multiplataforma, versátil, potente e conta con moitas funcionalidades. Permite xestionar facilmente as coleccións, descarga as portadas dos álbums e a informacións dos temas de maneira automática, e ten integrada a compatibilidade con servizos coma Jamendo, Last.fm, Magnatune ou Librivox. Ademais pode personalizarse completamente, os usuarios poden cambiar o seu aspecto e a distribución dos seus elementos para adaptalo ás súas necesidades. A súa última versión estable é a 2.7.
Se está a empregar Amarok por vez primeira, quizais sexa boa idea botarlle unha ollada á guía para principiantes ou ao manual completo.
A interface
Amarok ten unha interface predeterminada con tres paneis.
O panel esquerdo (Orixes de medios)
Dende o panel das orixes de medios situado á esquerda accédese á colección local, así coma a outros servizos. A primeira sección corresponde á last.fm (quen teña unha conta), mercar música de tendas dixitais coma Magnatune , descargar música baixo licenzas Creative Commons de Jamendo, e moito máis. A sección de permite crear e xestionar Listas de reprodución dinámicas, así como acceder ás Listas de reprodución gardadas e ao Xerador automático de listas de reprodución. A sección de contén un navegador de ficheiros integrado, e a sección de permite acceder ás subscricións a podcast existentes. | , a interface principal para acceder á colección local e os dispositivos conectados tales coma reprodutores con memoria USB ou CDs. A segunda sección xestiona os activos. A través desta sección pódese navegar por listas de estacións de radio, escoitar ou subscribirse a podcasts, enviar e recibir información de
O panel central (Vista de contexto)
Aquí é onde se amosa toda a información. O panel central ten trebellos que cambian de maneira dinámica para amosar información relativa á pista que se estea a reproducir. Pode ver a valoración, a puntuación e mailo reconto de reproducións no trebello de Pista actual ou as últimas pistas reproducidas en caso de que non se estea a reproducir ningunha, a Letra da canción e mailo artigo sobre o intérprete na Galipedia. Pódense engadir, borrar e reorganizar os trebellos mediante a icona da barra de trebellos, situada na parte inferior do panel. |
O panel dereito (visualización da lista de reprodución)
Amarok conta coa lista de reprodución que máis se pode personalizar de todas as dos reprodutores de música que existen. Permítelle adaptar a lista completamente ás súas necesidades e gustos. Existen tres disposicións predefinidas que pode usar como puntos de partida para crear a disposición que máis se axuste aos seus gustos persoais. Pode xerar listas de reprodución dinámicas de varios xeitos ou empregar o xerador automático de listas de reprodución, reproducir ao chou ou repetir, poñer pistas na cola ou mesmo gardar as listas de reprodución para poder empregalas en calquera outro momento. |
Funcionalidades
Reprodución de música
Amarok recoñece case todos os formatos de música máis populares. A lista de formatos dependerá en realidade dos códecs e maila infraestrutura de son que empregue o seu sistema. Tamén recoñece as listas de temas tradicionais, polo que pode crear, gardar e cargar tantas listas como queira. |
Compatibilidade cos dispositivos externos
Amarok é compatible cunha gran variedade de dispositivos de son e vídeo, tales coma iPods ou dispositivos MTP e UMS.
O botón de na parte superior da colección permítelle mesturar coleccións. Isto quere dicir: a súa colección local, os discos de música, os reprodutores MP3 e demais dispositivos similares amosaranse todos coma unha colección única. O mesmo botón pode volverse premer para visualizar de novo as fontes por separado. |
Configuración da visualización do contexto
A visualización do contexto, o principal atractivo do Amarok, pode obter automaticamente información contextual da canción que se estea a reproducir (como a portada do álbum, a letra ou información da Galipedia) da Internet e amosala. Esta é unha das funcionalidades únicas que sempre tivo Amarok. |
Máis servizos de Internet
Amarok abre as portas a unha completa experiencia de son e vídeo na rede.
Todo iso dende Amarok. E só é o principio. Aínda pode engadir máis servizos de Internet mediante o . |
Xestor dos scripts
Os scripts son complementos que lle permiten ampliar a funcionalidade de Amarok de xeito innovador. A partir da versión 2.5 de Amarok, pode empregar a opción
| para abrir a xanela do xestor de complementos.
Xestor das portadas
Pode explorar a súa colección de música mediante o | , que amosa as portadas dos álbums, descárgaas dende varias fontes ou permite que Amarok as busque automaticamente na Internet.
Valoración e puntuación
Pode expresar o seu agrado valorando as cancións. Amarok permite puntuar con medias estrelas (½✩). Ademais diso, Amarok pode calcularlles ás cancións unha puntuación (unha especie de valoración “adiviñada”) baseándose en datos como a cantidade de veces que as escoitou ou pasou delas. |
Arrastrar e soltar
Esta é unha interface innovadora que lle lista distintas opcións (como as que vería no menú que aparece ao premer co botón dereito do rato) nas que pode “soltar” a canción. Arrastre unha pista de son e verá como aparece o “arrastrar e soltar” no panel da visualización do contexto! |
Configuración da visualización da lista de reprodución
A lista de reprodución pode configurarse completamente e pode amosar información sobre as pistas de son da forma que se prefira. Se está afeito á | propia das versións 1.x de Amarok e outros moitos reprodutores, tamén pode tela! A permite tamén gardar e exportar a lista actual.
Listas de reprodución dinámicas
Amarok permítelle crear listas de reprodución ao chou que se axustan a varios criterios de maneira exacta ( | ) ou aproximada ( ). Por exemplo, pode crear unha lista de reprodución que estará formada por cancións ao chou valoradas con máis de tres estrelas e que daten en torno ao ano 1967!
Posibilidade de reproducir a ganancia
Amarok pode ler as etiquetas sobre a ganancia incluída nos ficheiros e axustar automaticamente o volume das cancións para que todas estean máis ou menos ao mesmo nivel.
Redescubra a súa música!
Se ten problemas
- Pode que atope unha resposta na páxina de preguntas frecuentes.
- Para preguntas máis difíciles, bótelle unha ollada á páxina de solución de problemas.
- Se necesita asistencia técnica, bótelle unha ollada aos foros.
- Tamén pode conseguir asistencia técnica directa na canle «#amarok» da rede de conversas IRC «irc.freenode.net». Despois de formular a súa pregunta, procure ser paciente; en canto alguén cos coñcementos necesarios para axudarlle se conecte ou deixe de estar ausente, seguro que o axudará co seu problema. Se non sabe inglés, sempre pode probar sorte nas canles para outras linguas, como «#amarok.gl» (galego), «#amarok.es» (castelán), «#amarok.fr» (francés) ou «#amarok.de» (alemán).
Información adicional
- Manual.
- Sitio web oficial de Amarok (en inglés)
- Foros de Amarok (en inglés)
Support for this application can be found from the project's home page