Glosario de Amarok
Glosario
Migallas
Trátase dun modo de navegación para as estruturas de ficheiros xerárquicas. No Amarok está na parte superior do panel de orixes de medios, e amosa os directorios intermedios entre o directorio base e aquel no que se está, ambos incluídos. Pódese ver a lista de directorios que contén un directorio da lista premendo no
que ten á dereita. As “migallas” son un mecanismo eficiente para navegar por todos os directorios do sistema.Colección
Todos os ficheiros de son que Amarok recompilou na base de datos. A colección pode variar en tamaño e contido dependendo dos dispositivos externos (como discos de música ou reprodutores) conectados e montados no computador.
Esta é a parte central do panel de orixes de medios, e permítelle listar a música da súa colección. O navegador de contidos permítelle escoller o criterio segundo o cal se ordenarán os ficheiros da lista, así como os detalles sobre estes que se van amosar.
Lista de reprodución
Unha selección de ficheiros da colección que quere que se reproduzan. Algúns reprodutores de música teñen listas de reprodución predefinidas que probablemente serán distintas das de Amarok.
Guión
Complemento do Amarok para aumentar a súa funcionalidade. Pódese acceder aos guións dende
. Pode engadir máis fontes de letras, estacións de fluxo, gardar as portadas dos álbums nos seus cartafoles, crear discos a partir de listas de reprodución, etc.Enviar escoitas
Enviar escoitar consiste en enviar a información sobre o que se está a escoitar a un sitio web como Last.fm, onde dita información se engade ao perfil do usuario.
Fluxos
Like 20th-century radio stations, Internet radio stations send out "streams" of content. One can find music, news, commentary and opinion. Many streams can be accessed through Amarok, either through scripts such as Cool Streams, or individually added by menu (
).Tags
The information about each of the tracks you listen to, e.g. album name, track title, composer, artist, year, etc. There is a standard called ID3 for including this information on audio CDs. You can edit the tags of individual tracks within Amarok if the file permissions are correct.