Orixes de contido ''multimedia'' de Amarok

From KDE Wiki Sandbox
Revision as of 10:13, 24 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs) (Created page with "{{Prevnext2 | prevpage=Special:myLanguage/Amarok/Manual/AmarokWindow/Toolbar | nextpage=Special:myLanguage/Amarok/Manual/AmarokWindow/ContextPane | prevtext=Barra de ferrament...")

Panel das orixes de contido multimedia

O panel das orixes de contido multimedia — situado á dereita de maneira predeterminada — permítelle acceder ás súas coleccións locais, así como a outros servizos.

A lista encabézaa unha sección de música local, a interface principal para acceder á súa colección local e os dispositivos multimedia conectados, como reprodutores e discos.

Hai unha sección que permite acceder aos servizos de Internet activados. Desde ela poderá, entre outras cousas: explorar as listas de emisoras de radio e podcasts, escoitalas e subscribirse a elas; facer uso da súa conta en Last.fm; mercar música de tendas virtuais como a nova tenda de MP3 de Amazon ou Magnatune; ou descargar música de intérpretes independentes de Jamendo.

A sección de listas de reprodución permitiralle crear e xestionar listas de reprodución dinámicas, acceder ás súas listas de reprodución, e empregar o xerador automático de listas de reprodución.

A sección de ficheiros fornece un navegador de ficheiros integrado, e a de podcasts permítelle acceder ás súas subscricións.

Menú de navegación

O menú de navegación confórmano a barra de filtro, o botón de marcadores e o ronsel de navegación.

Barra de filtro

A barra de filtro utiliza o texto da caixa para filtrar o contido.

Marcadores

Para acceder a esta funcionalidade, prema a icona que hai sobre a barra de filtro.

Menu Item Description
Engadir a marcadores a vista de orixes de contido multimedia Engade a configuración da vista actual de orixes de contido multimedia á lista de marcadores.
Copiar a vista actual de marcadores ao portapapeis Copia o marcador no portapapeis do sistema.
Xestor dos marcadores Amosa nunha nova xanela unha lista de todos os marcadores dispoñíbeis, con opcións para editalas.
Lista de marcadores Lista todos os marcadores para poder seleccionalos rapidamente.

Música local

Mostra a música do cartafol da colección predeterminada, na orde indicada. Móstranse tanto a Vista normal (non combinada) como a Vista combinada da mesma colección, coa mesma orde. Prema a icona para cambiar dunha vista á outra.

Regular non-merged view
Merged view

Prema a icona para cambiar os criterios de orde, usando o seguinte menú:

Elemento Descrición
Artista / Álbum Mostra a colección ordenada polo nome do artista. As entradas do mesmo artista ordénanse por álbum.
Álbum / Artista Mostra a colección ordenada polo nome do álbum. As entradas do mesmo álbum ordénanse por artista.
Xénero / Artista Mostra a colección ordenada por xénero. As entradas do mesmo xénero ordénanse por artista.
Xénero / Artista / Álbum Mostra a colección ordenada por xénero. As entradas do mesmo xénero ordénanse por artista, e as entradas do mesmo xénero e artista ordénanse por álbum.
Niveis Designan a orde dos elementos na “fervenza” da xanela.
Mostrar os anos Marque esta opción para que se mostren os anos.
Mostrar números de pista Marque esta opción para que se mostren os números de pista.
Mostrar as portadas Marque esta opción para que se mostren as portadas.

Internet

Mostra a túa colección de internet, engadida e configurada desde Configuración -> Configurar Amarok… -> Engadidos; véxase Servizos de internet para máis información. Existen scripts que fornecen servizos de internet; véxase Scripts para máis información.

Menu Item Description
Canles de calidade Lista canles de radio de calidade.
Jamendo.com Conecta a Jamendo, unha base de datos de música gratuíta en crecemento.
Last.fm Conecta a Last.fm, integrando en Amarok a experiencia do sitio web.
Librivox.org Conecta a Librivox, unha extensa colección de gravacións de lecturas de libros gratuítas.
Magnatune.com Conecta a Magnatune, unha tenda de música en internet.
Tenta de música en MP3 Conecta a Amazon MP3 Store, unha tenda de música en internet.
Directorio de podcast Amosa unha ampla lista de podcasts. Se decide subscribirse, o menú do podcast actualizarase automaticamente.

Lista de reprodución

Menú das orixes de contido multimedia:

Menu Item Description
Listas de reprodución dinámicas Lista de reprodución que se actualiza automaticamente e permite definir parámetros; véxase Listas de reprodución dinámicas para máis información.
Listas de reprodución gardadas Listas de reprodución gardadas e importadas; véxase Listas de reprodución gardadas para máis información.
Xerador automático de listas de reprodución Crea listas de reprodución que cumpren cos requisitos indicados; véxase Xerador automático de listas de reprodución para máis información.

Ficheiros

O navegador de ficheiros de Amarok permite engadir facilmente música á colección, ou reproducir pistas do sistema de almacenamento. Pode explorar os seus ficheiros usando os seguintes botóns: (atrás), (seguinte), (subir), (inicio) e (lugares), moi similares aos do menú dun navegador web. Tamén pode premer un elemento do ronsel para acceder directamente a ese directorio.

Se prefire buscar ou filtrar en vez de navegar, empregue o campo de filtrar para atopar o contido que busca. Pode escribir parte do nome do ficheiro, e amosarase tal e como ocorre na seguinte imaxe:

Podcasts

Lists your subscribed podcasts; from here you can listen, organize, add, import or unsubscribe podcasts.

Elemento Descrición
Engadir un podcast Engadir o URL dun podcast: unha fonte de novas RSS 1.0/2.0 ou Atom.
Engadir un cartafol ao menú de navegación dos podcasts.
Orixes visíbeis Selecciona a categoría de podcasts que podes ver.
Vista combinada Cando se marca esta opción, os podcasts móstranse nunha vista combinada.
Comproba se hai actualizacións para algún dos podcasts, e descarga as que haxa.
Importa un ficheiro en formato OPML no sistema de almacenamento.