Calligra/Descarga

From KDE Wiki Sandbox
Revision as of 16:46, 22 June 2013 by FuzzyBot (talk | contribs) (Updating to match new version of source page)
Note
Esta páxina lista copias binarias (para instalación) da suite de oficina Calligra listas para usar. Tamén pode descargarse o código fonte completo.


Versións estábeis

A última versión estable de Calligra é a 3.1.0. Instale esta versión, a axuda para as versións anteriores será limitada. Para versións moi antigas, como a 2.4, non existe axuda ningunha.

Arch Linux

Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio [extra].

Chakra

Chakra fornece paquetes de Calligra no repositorio de escritorio (desktop).

O DVD executábel de Chakra inclúe a última versión de Calligra.

Debian

Debian fornece paquetes de Calligra no repositorio inestábel e no repositorio de probas.

Fedora

Os paquetes de Calligra para Fedora están dispoñíbeis no repositorio inestábel do Proxecto de Empaquetación de KDE.

FreeBSD

FreeBSD fornece paquetes das versións estábeis na árbore de ports mediante editors/calligra, e versións de desenvolvemento na Área 51 mediante CALLIGRA/editors/calligra.

Gentoo

Gentoo ten paquetes de Calligra en Portage: packages.gentoo.org

openSUSE

O xeito máis doado de instalar Calligra en openSUSE é ir a http://software.opensuse.org/package/calligra. Teña en conta que esta páxina mostra versións obsoletas de Calligra, como a 2.4. Prema a ligazón Show other versions («Mostrar outras versións») e seleccione unha versión máis recente, preferibelmente da openSUSE Factory.

Servizo de construción de openSUSE. Hai paquetes de Calligra dispoñíbeis nos repositorios KDE:Release:48 e KDE:Distro:Stable para OpenSuse 11.x e 12.x. Véxanse tamén todas as construcións de Calligra no servizo de construción de openSUSE.

Visite [1] para buscar que repositorio cobre as súas necesidades.

Ubuntu

A versión 2.5 de Calligra está dispoñíbel no PPA «Kubuntu Backports» para a versión 12.04 de Ubuntu, e está incluído de maneira predeterminada na versión de desenvolvemento, a 12.10 (Quantal).

Véxase http://www.kubuntu.org/news/calligra-2.5

ROSA Marathon 2012

ROSA Marathon fornece Calligra no repositorio de contribucións (contrib).

Windows

KO GmbH publicou un instalador para Windows, que atopará na súa páxina de descargas.

Please go to the Download Page.

Versión inestábel

Arch Linux

Arch Linux fornece paquetes de Calligra no repositorio adicional (extra).

Fedora

Hai paquetes para Fedora dispoñíbeis no repositorio de desenvolvemento [2], e o repositorio kde-unstable, ao que pode acceder desde «http://kde-redhat.sourceforge.net/», contén construcións de versións anteriores.

FreeBSD

Hai ports de Calligra dispoñíbeis na Área 51.

OpenSUSE

Capturas de pantalla de Git están dispoñibles no repositorio inestable.

  • Aquí pode descargar construcións diarias de capturas de Git. Téñase en conta que estes paquetes céntranse en Plasma Active e en dispositivos móbiles.

Visite http://en.opensuse.org/KDE_repositories (en inglés) para informarse de que repositorios se axustan mellor ás súas necesidades.

Ubuntu

Se usa Ubuntu, pode conseguir unha construción nocturna de Calligra co Proxecto Neon. Para iso necesita engadir «ppa:neon/ppa» ao ficheiro sources.list e instalar o paquete «project-neon-calligra».

Warning
«Este software é altamente inestábel, e pode quebrar en calquera momento, e ocasionarlle a perda de datos». — Páxina do Proxecto Neon no wiki de Kubuntu (en inglés)


Este script instala o proxecto neon e calligra:

sudo add-apt-repository ppa:neon/ppa \
 && sudo apt-get update\
 && sudo apt-get install project-neon-base \
   project-neon-calligra \
   project-neon-calligra-dbg

Para executar os paquetes instalador ten que pechar a sesión e escoller «Project Neon» na pantalla de inicio. Neon ten sempre a última versión, non necesariamente versións de proba.

ROSA Marathon 2012

Se usa ROSA, pode conseguir paquetes de versións de desenvolvemento de Calligra do repositorio persoal en ABF. Para engadilos ao sistema, siga estes pasos:

Se a arquitectura do seu sistema é i586:

urpmi.addmedia ach_personal http://abf.rosalinux.ru/downloads/ach_personal/repository/rosa2012lts/i586/main/release

Se a arquitectura do seu sistema é x86_64:

urpmi.addmedia ach_personal http://abf.rosalinux.ru/downloads/ach_personal/repository/rosa2012lts/x86_64/main/release

Símbolos de depuración

Que e para que son os símbolos de depuración?

Ao compilar un programa con opcións especiais para xerar símbolos de depuración (a opción -g do compilador), xérase información adicional que se almacena no ficheiro do programa. Esa información pode empregarse para xerar trazas inversas con moita máis información, como pode ser o número de liña exacto do código fonte onde se produciu o problema. Sen esta información, é bastante difícil determinar cal foi o problema só con ollar a traza inversa.

Note
Algunhas distribución fornecen símbolos de depuración en paquetes por separado, tal e como reflicte a seguinte lista. Úseos para que, cando informe dos seus problemas aos desenvolvedores, estes o teñan máis doado para solucionalos.


Véxase KDE Techbase (en inglés) para máis información sobre as trazas inversas.

Símbolos de depuración para Debian e Ubuntu

Instale o paquete calligra-dbg para contar cos símbolos de depuración de todo o código fonte de Calligra.

Símbolos de depuración para Fedora

Tal e como se explica en Instalación de paquetes RPM de depuración con yum, use a orde debuginfo-install calligra.