Translations:Artwork/4/gl
- Capacidade de carga dos formados ODG, SVG, WPG, WMF, e EPS/PS.
- Capacidade de escrita nos formatos ODG, SVG, PNG, PDF, e WMF.
- Interface personalizábel con barras de ferramentas e docas que se poden situar en calqueira lugar.
- Doca de capas para un manexo sinxelo de documentos complexos, incluíndo previsualizacións en miniatura, agrupamento de formas arrastrando e soltando, control da visibilidade das formas ou bloqueo.
- Ferramenta de edición avanzada de trazos, con grande funcionalidades de edición no lenzo.
- Varias ferramentas de debuxo para trazar formas, incluíndo unha ferramenta de debuxo de trazos, un lapis, e unha ferramenta de caligrafía.
- Ferramentas para editar no lenzo facilmente estilos de patróns e degradados.
- Funcionalidades de aliñamento de gran calidade para debuxo e edición guiadas (por exemplo, aliñamento coa grella, liñas guía, nodos de trazado, caixas de asociación, posicións ortogonais, interseccións de tradazos de formas ou extensións de liñas e trazados).
- Inclúe moitas formas predefinidas, entre elas formas básicas como estrelas, círculos, elipses, rectángulos e imaxes.
- Forma de texto artístico que pode adaptarse a trazados base (é dicir, texto nun trazado).
- Efectos e operacións complexas sobre trazados, como operacións booleanas, alisadi de trazados, e efectos para arredondar e refinar entre outros efectos.
- Extensíbel mediante complementos que engaden novas ferramentas, formas e docas.