Translations:Dolphin/File Management/15/gl
Ao premer a icona de cruz, o ficheiro ou cartafol engadirase á selección. Para seleccionar varios ficheiros, só ten que repetir os pasos. Para seleccionar varios ficheiros, tamén pode premer o botón principal co cursor en calquera punto do panel central de Dolphin, e arrastrar o cursor formando un rectángulo.
Tamén pode usar atallos de teclado para seleccioan e deseleccionar ficheiros ou cartafoles:
- Ao premer un ficheiro ou cartafol coa tecla Ctrl premida, o ficheiro ou cartafol selecciónase se non estaba seleccionado, e deselecciónase se estaba seleccionado.
- Ao premer un ficheiro ou cartafol coa tecla Maiús premida, selecciónanse todos os ficheiros e cartafoles desde o último seleccionado ata o que acaba de premer.