Guía para principiantes de Amarok ─ Os primeiros pasos
Primeiros pasos
Iniciar Amarok
Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.
Desde Plasma
Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:
- premendo no menú Kickoff e a continuación en .
- chamando a KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), escribindo
amarok
e premendo a continuación a tecla Intro.
Desde o xestor de ficheiros
Abra un ficheiro multimedia que Amarok poida ler.
A primeira vez
A primeira vez que utilice Amarok, aparecerá unha xanela de diálogo pedíndolle que forneza a súa configuración rexional:

A continuación aparecerá unha caixa de diálogo para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:

Se preme
neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:

Aprenda como configurar unha colección.
Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.
Pechar Amarok
Para pechar o Amarok ten varias opcións:
- Premer Ctrl+Q desde a xanela do programa,
- Premer o botón do menú , ou
- Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:

Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:

Se pecha a sesión no sistema ou o apaga sen saír do Amarok, é probable que parte da configuración non quede gardada.