A xanela do Amarok
< Amarok | QuickStartGuide
Outdated translations are marked like this.
A xanela de Amarok
A xanela do Amarok está deseñada para permitirlle volver descubrir a súa música. Iso significa que fornece toda a información posíbel sobre a súa música. Moitos usuarios están a gusto coa disposición predeterminada, pero pode personalizarse completamente.
Disposición predeterminada da xanela de Amarok
Este será o aspecto de Amarok despois da instalación:
A xanela de Amarok consta de catro partes principais:
- A Barra de ferramentas, na parte superior.
- O panel de Orixes de contido multimedia, na parte esquerda.
- O panel do Contexto, na parte central.
- O panel da Lista de reprodución, na parte dereita.
Usar a xanela de Amarok para xestionar e reproducir música
Para reproducir música con Amarok siga estes pasos:
- Cree unha lista de reprodución:
- Seleccione algunhas das pistas da súa colección, no panel de Orixes de contidos multimedia.
- Engádaas ao panel da Lista de reprodución.
- Reproduza a música da lista, desde o panel da Lista de reprodución ou desde a Barra de ferramentas.
Tamén pode transferir parte da súa música a un dispositivo móbil de música, como por exemplo un iPod. Atopará máis información sobre isto nas seguintes seccións.