Tamén pode conseguir asistencia técnica directa na canle «#amarok» da rede de conversas IRC «irc.freenode.net». Despois de formular a súa pregunta, procure ser paciente; en canto alguén cos coñcementos necesarios para axudarlle se conecte ou deixe de estar ausente, seguro que o axudará co seu problema. Se non sabe inglés, sempre pode probar sorte nas canles para outras linguas, como «#amarok.gl» (galego), «#amarok.es» (castelán), «#amarok.fr» (francés) ou «#amarok.de» (alemán).